mércores, 25 de marzo de 2015

NOVAS SOBRE O NOSO HORTO

NOVAS SOBRE O NOSO HORTO

A nosa corresponsal no horto urbán Laura envíanos esta crónica sobre o estado actual do noso horto.

HORTO, HORTIÑO QUE AS PLANTAS MEDREN E MEDREN

Seguro que vós preguntades porque fago un conxuro de plantas. Lembrades aquela vez que falamos do noso horto urbán?-Si, si neste mesmo blog- Pois... xa sementamos, plantamos e transplantamos.
Tiñamos sementes de moitas cousas, as primeiras foron unhas cenorias e uns porros, despois conseguimos uns tomates cherry. Logo, no Entroido Adriana trouxo unha cebola para axudar ao noso horto a volverse máis grande. No mesmo día eu deixei dúas patacas pola mesma razón que a miña compañeira. Plantamos case todo o anterior. Tivemos que tirar a maioría das cenorias e porros porque despois de transplantar uns poucos, os restantes morreron.
Para poder plantar a nosa profesora tivo que grampar unhas teas especiais, para que cando transplantáxemos algo, non sé nos caera polo oco do noso “horto” (Lembrade que o noso horto é un precioso palet amarelo).
É moi satisfactorio ver como medran. A min gústame moito ser “agricultora”.
A ver se o meu conxuro funciona e conseguimos que as nosas plantas sexan as mellores ou que estéan boísimas

Laura

1 comentario:

  1. Supoño que agora que xa pasou algún tempo desde que plantachedes xa vos nacerian algunhas plantas ainda que non estexan medradas de todo.Cantade como vai ese horto. Moitos saúdos.Mari Carmen V.

    ResponderEliminar