luns, 27 de abril de 2015

UNHA EXPERIENCIA INESQUENCIBLE

UNHA EXPERIENCIA INESQUENCIBLE

Tras a colaboración nun proxecto con algúns alumnos e alumnas do Centro ASPRONAGA , os profes invitáronnos a visitar o seu colexio e pasar unha xornada de convivencia.
Decidiuse que o día para esa convivencia fora o 23 de abril, que como todos sabedes é o día do libro.
Tiñamos pensado representar alí algúns contos e cancións que preparáramos para un proxecto en colaboración co Ágora.
Recibíronnos con moita amabilidade e moito agarimo. As actuacións foron un éxito e o público aplaudiu con entusiasmo.
Ao remate recibimos unha gran sorpresa...preparáronnos unha fantástica merenda!!!! Todos xuntos dimos boa conta dela.
Despois co estómago cheo xogamos no patio ao fútbol, á comba, ou sinxelamente conversamos con eles e disfrutamos moito coas ocurrencias e comentarios que xurdiron.
Foi un día inesquencible e estamos ansiosos por poder repetir noutra ocasión.

Aquí vos deixamos unhas fotos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario