venres, 7 de novembro de 2014

MASCOTIÑAS ACUÁTICAS

MASCOTIÑAS ACUÁTICAS 

      O día 21 de outubro cando chegamos a nosa clase levámonos unha agradable sorpresa, no fondo da clase atopámonos cuns peixes no acuario. 
         O acuario é da profe e ten unhas pedras no fondo, unha planta sintética e un filtro para limpar a auga. 
      O día anterior á chegada dos peixes enchimos o acuario de auga e puxemos a funcionar o filtro. 
       Tiñamos medo de que os peixes morreran por mor do cambio de auga porque Noelia nos contou que a ela lle morrera un peixe que lle tocara na festa do Pilar. 
       Hai dous tipos de peixes: dous cometas laranxas e dous telescópicos negros. 
      Temos intención de poñerlles nomes pero é difícil porque non nos poñemos dacordo. 
       Pensamos que un bo nome para o telescópico negro de menor tamaño pode ser Tiburón. Xa vos iremos contando máis cousas sobre os nosos peixes.





Non vos parecen bonitos?

Lede o noso libro. Nel escribimos o que sentimos o día que chegaron os nosos peixiños.
Coidamos que vos vai gustar!!!

<
br />

2 comentarios:

  1. Ola, gustome moito o voso libro sobre os peixes que tedes no acuario, e gústame o voso blog, é moi interesante.
    Cando teñades posto o nome aos peixes, xa nolo contaredes.
    Un bico.
    Beatriz.

    ResponderEliminar
  2. Moi bonitos os Peixes e tamén o libro.Cando lle saibades os nomes decirnolo.

    ResponderEliminar