mércores, 5 de novembro de 2014

VISITAMOS O EROSKI DO NOSO BARRIO



berenjena01 VISITAMOS O EROSKI DO NOSO BARRIO


O mércores 5 de novembro fumos  facer unha visista a un supermercado do noso barrio.
Ás dez chegaban a escola Eva e Raquel que nos deron unha charla acerca dos hábitos sudabels na nosa vida.
Aprendemos unha morea de cousas...
frutas06Por exemplo aprendemos que hai tres grupos principais de alimentos:
Os enerxéticos, os constructores e os reguladores.
Aprendemos que hai que tomar alimentos dos tres tipos para medrar sans e que debemos tomar cinco racións de froita e verduras NUN DÍA!!!!
Tamén ensináronnos a interpretar un ticket de compra e agora sabemos que ten que aparecer o CIF do supermercado que é como o noso DNI pero  dunha empresa
Logo fumos camiñando ata un Eroski que está moi preto do noso cole.
Alí visitamos as principais seccións do super :
  • A das froitas e verduras que son alimentos reguladores e onde descubrimos as froitas tropicais.
  • A do pan que son alimentos enerxéticos
  • A do peixe e a carne. Nestas seccións  aprendemos a diferenciar os peixes azuis dos brancos, xa que os azuis teñen a cola en forma de V e a cola do peixe branco ten forma de abano. Tamén nos dixeron cómo podemos saber cando un peixe está fresco. Hai que lle mirar ben aos ollos que deben estar redondos e saintes e non afundidos, a pel debe de estar húmida e brillante e as agallas ven coloradas...pez 11
Aprendemos que as persoas que traballan no super deben de levar un equipo para evitar riscos laborais. Levan uns zapatos cunha punteira de aceiro para no sufrir accidentes se lles cae un coitelo ou unha caixa pesada. Deben levar tamén unhas luvas de rede de aceiro para non cortarse e un chaleco e unha camiseta térmica para entrar nas neveiras.

Antes de marchar tomamos unha merenda deliciosa feita con froita fresca e zume de laranxa.

E...ALGO MOI IMPORTANTE. HAI QUE RECICLAR AS BOLSAS DE PLÁSTICO E O ACEITE USADO. POR CADA LITRO DE ACEITE USADO TIRADO 1.000 LITROS DE AUGA CONTAMÍNANSE.

Neste enlace podedes xogar con cartas de alimentos. Pasádeo ben.





 Outro xogo super





E AGORA.... MIRADE....

Ningún comentario:

Publicar un comentario