martes, 24 de febreiro de 2015

EU SON ROSALÍA, E TI?

EU SON ROSALÍA, E TI?

Co gallo da celebración do nacemento de Rosalía estamos a facer no cole unha morea de actividades relacionadas coa figura de Rosalía.
Cando chegamos pola mañá atopamos na clase algunhas poesías que estivemos a ler.
Esta que segue é unha delas:

Has de cantar, 
meniña gaiteira,
has de cantar,
que me morro de pena.

Canta meniña, 
na veira da fonte;
canta, dareiche
boliños do pote.

Estivemos a investigar que serían os "boliños do pote". E descobrimos que é un típico prato galego que ademáis se facía no tempo do entroido. 
O bolo facíase con fariña de millo e auga do caldo e cocíase no propio caldo e non nun forno.

Vos deixamos esta receita que atopamos por se vos decidides a facelo.

 


1 comentario: