domingo, 22 de febreiro de 2015

DESCUBRINDO VAMPIROS...

DESCUBRINDO  VAMPIROS...

Así, por casualidade, atopamos tres viñetas. Nelas un personaxe aparecía deitado no chan como morto ou inconsciente, ao seu carón había unha cabeza de allos.
Supuxemos que o home deitado vestido de negro era un vampiro, pero non tiñamos claro que pintaba unha cabeza de allos alí.
Así que puxémonos a investigar e...descobrimos todo isto:
Os vampiros son seres de ficción, aparecen seres parecidos aos vampiros en moitas diferentes culturas.
Os vampiros son "non vivintes", isto é, non están nin mortos nin vivos.
Para manterse nese estado precisan alimentarse de sangue de vitimas vivas quenes tamén poden ser convertidas en vampiros.
Non é sinxelo eliminar a un vampiro. A luz do sol destrúeos e se lle cravas unha estaca no corazón tamén acabas con él. Pero teñen unha forza sobrehumana e é difícil sorprendelos.
Non hai acordo sobre os allos. Nalgunhas culturas os vampiros non entran nun lugar onde hai allos pero noutras estes non teñen ningún efecto.
 Moitas destas características aparecen no libro titulado Drácula que foi escrito por Bram Stoker. Gracias a este escritor británico o personaxe do vampiro popularizouse e pasou a ser coñecido. Stoker baseouse nun home que existiu na realidade para crear a Drácula.





Ningún comentario:

Publicar un comentario