venres, 5 de febreiro de 2016

Relato curto

UNHA HISTORIA NON MOI LONGA
      Este día, dando clase de galego, atopámonos ca diferencia entre un conto e un relato curto. Un relato curto ten que ser menos longo ca un conto... ou... eso din. 
      A nosa profesora ocorreuselle a idea de que nós fixeramos un relato curto con non máis de cincuenta palabras. Para complicalo aínda máis a profesora dixo que tiñan que aparecer as palabras: noite, auga, follas, lucecús e po de estrela. O tema escollido para este relato era un suceso máxico. 
     Non vos creades que isto foi sinxelo xa que sempre nos pasabamos do límite. Un, dous, tres ... moitos intentos tivemos que facer para que a historia nos puidera saír ben. 
     Aquí tendes un dos nosos textos, para facervos unha idea de como son: 

      Era de noite, o vento facía caer as follas na auga do río. De súpeto, uns lucecús apareceron, estaban indicando un camiño, o final do mesmo caía po de estrelas. Choveume enriba e a miña imaxe mudou, tiña un traxe moi chulo. Esa noite comencei unha nova vida: Teño superpoderes!!!! 

 Laura

Ningún comentario:

Publicar un comentario