NOVAS SOBRE O NOSO HORTO
A nosa corresponsal no horto urbán Laura envíanos esta crónica sobre o estado actual do noso horto.
HORTO,
HORTIÑO QUE AS PLANTAS MEDREN E MEDREN
Seguro
que vós preguntades porque fago un conxuro de plantas. Lembrades
aquela vez que falamos do noso horto urbán?-Si, si neste mesmo
blog- Pois... xa sementamos, plantamos e transplantamos.
Tiñamos
sementes de moitas cousas, as primeiras foron unhas cenorias e uns
porros, despois conseguimos uns tomates cherry. Logo, no Entroido
Adriana trouxo unha cebola para axudar ao noso horto a volverse máis
grande. No mesmo día eu deixei dúas patacas pola mesma razón que
a miña compañeira. Plantamos case todo o anterior. Tivemos que
tirar a maioría das cenorias e porros porque despois de
transplantar uns poucos, os restantes morreron.
Para
poder plantar a nosa profesora tivo que grampar unhas teas especiais,
para que cando transplantáxemos algo, non sé nos caera polo oco do
noso “horto” (Lembrade que o noso horto é un precioso palet
amarelo).
É
moi satisfactorio ver como medran. A min gústame moito ser
“agricultora”.
A
ver se o meu conxuro funciona e conseguimos que as nosas plantas
sexan as mellores ou que estéan boísimas
Laura