venres, 6 de marzo de 2015

VISITA DESDE ORIENTE

VISITA DESDE ORIENTE

Hoxe tivemos unha visita curiosa. Despois do recreo veu á nosa clase un neno de primeiro que se chama Bruno.
Viña coa intención de contarnos algo e estivo a piques de non facelo, xa que, ao chegar á porta e vernos a todos mirando cara él... bueno que lle dou un pouco de medo.
Temos que dicir que para nós foi unha sorpresa tamén xa que a profe non dixera nada.
Antes de que marchara invitámolo a ver os nosos peixes e o resto da clase. 
Non sabemos se foron os peixes ou que ao entrar na clase confiouse, o caso é que acabou contándonos cousas moi interesantes acerca dunha viaxe que fixo fai pouco.
Escoitade, escoitade porque merece a pena...

1 comentario:

  1. Que sorte Bruno!!! Vaia viaxe máis chula!!!
    Canto se aprende viaxando!!!
    Ana

    ResponderEliminar