venres, 21 de novembro de 2014

¡POR FIN CHEGOU O MAGOSTO!

¡POR FIN CHEGOU O MAGOSTO!
Uns amigos meus que viven en Lleida non tiñan nin idea do que era o Magosto. Un ano que viñeron de visita ensineilles o que era e dende aquela, sempre que poden, veñen visitarme para celebrar connosco o Magosto.

O 14 de Novembro celebramos o Magosto na escola.
O tempo non estivo moi ben. Choveu e había moita friaxe.
Participamos nuns xogos moi divertidos.
Un dos que máis nos gustou foi o de vestirse coa roupa do revés.
Algúns tiñan unha pinta moi divertida.

Ao final da mañán comimos unhas saborosas castañas e pintamos a nosa cara de negro coas cinzas da asadura das castañas.

Ademáis foi a entrega de premios do concurso de cabazas. Na nosa clase houbo dous premiados. A verdade  é que temos moi bos artistas.

Aquí vos deixamos unha reportaxe fotográfica do día do Magosto. Disfrutade dela coma nós.

1 comentario: