MASCOTIÑAS ACUÁTICAS
O día 21 de outubro cando chegamos a nosa clase levámonos unha agradable sorpresa, no fondo da clase atopámonos cuns peixes no acuario.
O acuario é da profe e ten unhas pedras no fondo, unha planta sintética e un filtro para limpar a auga.
O día anterior á chegada dos peixes enchimos o acuario de auga e puxemos a funcionar o filtro.
Tiñamos medo de que os peixes morreran por mor do cambio de auga porque Noelia nos contou que a ela lle morrera un peixe que lle tocara na festa do Pilar.
Hai dous tipos de peixes: dous cometas laranxas e dous telescópicos negros.
Temos intención de poñerlles nomes pero é difícil porque non nos poñemos dacordo.
Pensamos que un bo nome para o telescópico negro de menor tamaño pode ser Tiburón.
Xa vos iremos contando máis cousas sobre os nosos peixes.
<
br />
Non vos parecen bonitos?
Lede o noso libro. Nel escribimos o que sentimos o día que chegaron os nosos peixiños.
Coidamos que vos vai gustar!!!
br />
Ola, gustome moito o voso libro sobre os peixes que tedes no acuario, e gústame o voso blog, é moi interesante.
ResponderEliminarCando teñades posto o nome aos peixes, xa nolo contaredes.
Un bico.
Beatriz.
Moi bonitos os Peixes e tamén o libro.Cando lle saibades os nomes decirnolo.
ResponderEliminar