mércores, 27 de xaneiro de 2016

Paz

DÍA DA PAZ
    O día trinta e un de xaneiro celébrase o día da Paz. Un día no que non se debería pelexar, insultar... e outras cousas que teñan que ver cos conflictos aínda que  todos os días do ano deberían ser días da paz.
  Como este ano  o día é domingo no colexio celebrarémolo o venres vinte e nove. Nós o imos celebrar dunha maneira moi especial a proposta da nosa profe de inglés. Os nenos e nenas terán que ir dando abrazos segundo se vaian atopando, xa sexa no recreo, no corredor, ou en calquera outro lugar do colexio. Esperamos que esta idea  se espalle polas casas dos alumnos e alumnas.
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario