martes, 9 de decembro de 2014

NOVA TRISTE

NOVA TRISTE

Fai uns días decatámonos de que un dos nosos peixes non tiña forza. A corrente que provoca o filtro no acuario arrastrábao, quedábase suxeito á parte inferior do filtro, agochábase nun curruncho da pecera e tiña a cor do seu corpo máis pálida. Soubemos que estaba enfermo e por iso lle demos unha menciña por ver se se salvaba. O pasado venres unha pequena esperanza añiñou  nos nosos corazóns porque cando lle demos a comida nadou e comiu algo.
Máis... foi un espellismo. Hoxe ao rematar a ponte das vacacións descobrimos que o peixe estaba morto.
Para evitar que se contaminase a auga e corresen perigo os outros peixes quitámolo da peceira.
Sentimos moita tristura porque era o único peixe o que lle puxéramos nome e xa era parte da familia da nosa clase.
Esperamos e desexamos que os outros estean ben.
Durante as vacacións de Nadal temos que darlles unha pastilla para que se alimenten mentres non vimos ao cole.
Xa vos contaremos que pasa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario