xoves, 11 de decembro de 2014

FARIÑA, OVOS, MANTEIGA....DOCES, DOCES E MÁIS DOCES

FARIÑA, OVOS, MANTEIGA....DOCES, DOCES E MÁIS DOCES

Unha semana antes do comezo das vacacións de Nadal imos converter a nosa aula nunha estupenda cociña.
Entre ingredientes, utensilios e receitas tentaremos de preparar unhas deliciosas galletas, unhas madalenas, un biscoito e un plum cake.
Despois da primeira fase do proxecto RECEITAS na que fixemos unha planificación dos elementos que íamos precisar agora afrontamos a parte máis doce que é a de mercar os ingredientes, conquerir os utensilios precisos e poñer mans na masa....
Estade moi atentos ao noso blogs xa que proximamente colgaremos fotos do proceso de elaboración e do resultado das receitas.
Lamentamos que non poidades probar os nosos doces pero non vos preocupedes vos iremos contando a que saben....


Mentres para que vos entreteñades aquí vos deixamos un xogo sobre cociña.

BOA SORTE!!!!!


2 comentarios:

  1. I know I'm your favorite English teacher, he he. So, I expect you to invite me to these delicious sweets.
    Kisses.

    ResponderEliminar