mércores, 17 de decembro de 2014

CONVERSA CON GONZALO MOURE

GONZALO MOURE NO ÁGORA

Por mor dunha curiosa casualidade, hai cousa de un mes, no tempo adicado ao proxecto lector na nosa aula, limos todos xuntos un bonito libro: 

PALABRAS DE CARAMELO

Caramelo é un camelo ou quizáis deberíamos dicir "era un camelo" porque tiveron que sacrificalo para alimentar a familia de refuxiados que viven no deserto do Sahara.
Un camelo...  bueno non so un camelo, tamén era un amigo..o amigo do protagonista da historia.
E sempre que queremos lembrar a Caramelo vivo volvemos ler o principio do libro de novo. 

Bueno, o  caso é que por esa estraña casualidade que vos diciamos ao principio, ese libro foi escrito por Gonzalo Moure. E... coñecemos a Gonzalo Moure!!Foi no Ágora o pasado martes 16 de Decembro.
O certo é que foi sorprendente coñecelo. É un home alto vestido de negro pero cun pelo e unha barba totalmente blancas. Si pesase 20 kilos máis podería ser Papá Noel. Falou dos seus libros favoritos e de como a súa nai xa dende antes de que él nacera lle transmitira por unha sorte de máxia xenética o gusto pola lectura.
Foi unha experiencia diferente nunca imaxináramos poder coñecer a alguén que escribira un libro que léramos.
Foi unha experiencia moi bonita. Grazas Gonzalo por adicarnos un pouco do teu tempo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario