xoves, 11 de decembro de 2014

FÉNIX

FÉNIX

Traballando con distintas palabras atopámonos cunha que nos chamou a atención: FÉNIX.
Decidimos buscar información na Internet e atopamos unha chea de cousas. As que poñemos aquí son as que máis nos chamaron a atención:
  • É unha ave mitolóxica. 
  • Aparece nas culturas orientais.
  • Vive 500 anos ao remate dos cales constrúe un niño con herbas e madeiras aromáticas e pon un ovo. Cando pasan tres días quentando o ovo fai unha chispa coas plumas e arde o niño. Entón xurde de novo a ave que vivirá outros 500 anos.
  • Ten unha plumaxe vermella, amarela e laranxa que fai lembrar as cores do lume.
  • É un ser eterno que se renova cada 500 anos. 
Temos pena de que esta ave non sexa real para podela ver. Ahí vos deixamos algunhas imaxes deste estraordinario paxaro.





Ningún comentario:

Publicar un comentario