martes, 17 de novembro de 2015

A pantasma de 6ºA

 A pantasma de 6ºA
Era o primeiro día do curso escolar.
Aos alumnos que este ano lles tocara 6ºA só falaban da maldición da clase. Clara iba dicíndolle, de camiño ao colexio, a Cristina: “A min contáronme a orixe maldición. Voucha contar só a ti:
Fai moitísimos anos un neno repetidor veu a este colexio, nunca faltaba a clase, en mitade do curso faltou un día e non volveu máis. Pouco despois, sóubeuse que morrera xunto cos seus pais nun accidente de tráfico. É desde entón pensase que a clase esta encantada polo fantasma dese neno .”
Non pasou nada fora do normal durante un tempo.
Pero,...ese ano, o día trinta e un era venres e había clase, todos recordarán ese día...Era segunda hora, a profesora Berta estaba dando matemáticas.
De súpeto, escoitaron un berro procedente do corredor. A profesora asomouse pola porta e non viu ninguén, Felipe comentoulle a profesora que cando chegou a clase a súa mesa tiña unha pintada moi estraña.
Fernando noutou algo nas súas costas, virouse, e da súa boca saiu un alarido de pavor, os compañeiros viraronse cara él e quedaron pampos. Diante deles había un lapis voando! Xaquín (máis nun impulso por medo que de valentía) lanzoulle un libro, e o lapis caeu inmediatamente.
Todo seguiu sen que ocorrese nada anormal, ata que Cristina levantou a man. Berta deulle a palabra. -No meu folio estanse a escribir palabras soás!!!- dixo Cristina.
No folio líase: Ola, eu chamome Carlos e ti? Non te asustes pero creo que son unha pantasma. O do lapis foi cousa miña e o da pintada... todo foi cousa miña.
Noutro escribira: Así entendedesme todos? Xenial!!! Eu vós entendo cando falades. Podedes axudarme a pasar sexto?
Berta dixo -Pois axudaremos a esta pobre pantasma.

Desta maneira pouco a pouco conseguiron que a pantasma logrará o seu cometido e que a súa alma descansará en paz.

Laura

Ningún comentario:

Publicar un comentario