mércores, 16 de decembro de 2015

CHOIVA DE ESTRELAS, XA CHEGOU O NADAL!!!!!!



CHOIVA DE ESTRELAS,

XA CHEGOU O NADAL!!!!!!

 

        Xa vai rematar o primeiro trimestre. Non

  estades nerviosos polas vosas notas? Esperamos que

 sexan marabillosas. 
 
      O día 18 de decembro, o día que remata este

 trimestre, celebraremos unha pequena festa na nosa 

clase aínda que toda esta semana está chea de

 acontecementos relacionados co Nadal, coma a 

operación quilo na que a cambio de alimentos para 

os necesitados podemos levar unha felicitación feita 

por cada un de nós.



        Estas datas son moi especiais porque,

 reunirémonos coa familia, traeránnos agasallos,

 montaremos a nosa árbore...


O xoves 17 visitarán o noso cole os Reis Magos,

 encherán de maxia as nosas aulas e traerán ilusión 

 aos máis pequenos do noso centro. Coma todos os

 anos contarán, as súas maxestades, coa colaboración

 dos nenos e nenas de sexto que actuarán como paxes .

Non queríamos terminar o primeiro
trimestre sen desexarvos...





Ningún comentario:

Publicar un comentario