xoves, 12 de novembro de 2015

Os concursos do cole




Os concursos do cole
 
No cole todos os anos fan dous concursos no

outono co gallo de celebrar o Samaín.
 

Un de decorar unha cabaza que consiste en

 tranformar unha cabaza en unha obra de

 arte,e outro que se chama “DAME MEDO!!!”

 neste o que tes que facer e escribir un texto

 de medo.


E... sabedes que? Eu participei nos dous ,a

 miña cabaza era un completo desastre ao

 principio. Queredes saber por que? Pois e que

 eu lle puxen un sombreiro a miña cabaza e se

 lle caia, entón non sabia que facer e ao fiñal

  se me ocorreu grapalo, mai se o grapaba por 

un lado se caía polo outro. Cando porfin

conseguín fixar o gorro na cabaza se

 desenganchou a escoba ...en conclusión un

 completo desmadre!!! 
  

E o relato pufffffff!!!!Outro rollo por que era

 escribir e borrar e cando xa tiña unha idea 

clara clarisima a cambiaba. Entón cando por

 fin o terminé non podía esperar a presentalo .

 Agora estou a espera da entrega de premio

 coa esperanza de gañar algún.



Sabela




Ningún comentario:

Publicar un comentario