luns, 19 de outubro de 2015

A FAMILIA E ALGÚN MÁIS

A NOSA FAMILIA MEDRA

O 19 de Outubro é un día para lembrar xa que van vir os  nosos fillos adoptados. 
Seguro que estades a pensar que son uns adorables bebés...pois non!!!! Teñen escamas, branquias e aletas...Son....

Esta mañá limpamos todos os elementos do noso acuario, e comprobamos se funcionaba o filtro. Despóis enchémolo e comprobamos o PH. 
Na primeira comprobación a auga saíu de cor amarela o que quere dicir que a auga estaba ácida e os peixes podían morrer, así  que houbo que  botar dous comprimidos para reducir o ácido. Unha hora máis tarde comprobamos de novo o PH e vimos que a cor cambiara. Estaba verde isto é o PH é o axeitado para a vida dos peixes.


Aquí tendes o acuario sen peixes pero a pleno funcionamento.





E aquí vedes os peixes aclimatándose a súa nova casa.

Afacéndose á temperatura da auga




















2 comentarios: