venres, 16 de xaneiro de 2015

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!!!!!

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!!!!!

Logo do descanso para celebrar o Nadal  empezamos de novo o cole o día 8 de xaneiro.
Aínda que tivemos moitos deberes...disfrutamos moito das vacacións. Tivemos moitos  agasallos, mellores do que esperábamos.
Ao chegar  a clase levamos unha alegría por que os peixes seguían vivos a pesares de que non lles puidemos botar comida. Deixámoslles unha especie de pastillas, que se disolvían a modo na auga, pero non sabiamos si lles chegarían.
De tódolos xeitos o telescópico negro que nos quedaba morreu aos poucos días. Agora imos aproveitar antes de mercar outros para cambiarlle a auga ao acuario.

Queríamos saudarvos e poñervos  ao corrente do que pasa na nosa clase.
Tamén vos comunicamos que temos algúns interesantes proxectos en marcha. 
Estade atentos as vindeiras novas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario